Primeiro Equipo

UEL | O Celta cae con honra e despídese, polo de agora, do seu soño europeo

RC Celta

sisto110517.jpg

O equipo celeste comezou con bo ritmo o partido alentado polos afeccionados celestes cuxos cánticos se fixeron escoitar en todo o estadio inglés. No minuto 5 Iago Aspas conectou un bo disparo desde a banda esquerda que Romeu despexou a corner. O dominio dos primeiros minutos do encontro foi para o Celta con algunhas contras por parte de Manchester United ata que no minuto 18 Rashford realizou un centro á área que Fellaini rematou de cabeza ao fondo da rede. A pesar do gol o Celta non lle perdeu a cara ao partido e seguiu buscando a portaría rival, o seu afán traduciuse en varias ocasións e tamén en varias contras convertendo o partido nun ida e volta. Mentres se sudecían as xogadas os corazóns en grao sumo de 2000 celtistas sostiveron cos seus cánticos o pulo do RC Celta cara á portaría rival. Un disparo de Pione Sisto e un remate de cabeza de Daniel Wass deron ás ao equipo nos instantes da primeira parte.

 

A segunda parte comezou cun Celta atrevido e valente que gozou de novo da primeira ocasión cun centro de Hugo Mallo ao que non logrou chegar Guidetti. Os minutos avanzaron e o Celta despregou o seu mellor xogo pero a falta de claridade nos metros finais acabou lastrando ao equipo. Jozabed, que entrara na continuación para darlle máis mobilidade ao equipo celeste conectou un bo disparo que se escapou por moi pouco. A falta de quince minutos Guidetti non acertou a rematar entre o tres paus un novo centro de Hugo Mallo. No minuto 85 un centro de Bongoda foi cabeceado por Roncaglia para alimentar as esperanzas do conxunto celeste. Un enfrontamento entre xogadores acabou coa expulsión de Bailly e Roncaglia.

 

O conxunto celeste loitou ata a extenuación sostido polos cánticos da súa inchada que animou sen descanso e logrou por momentos silenciar á afección local. A pesar da derrota xuntos, equipo e afección demostramos ao mundo unha vez máis o siginificado de afouteza. Con bágoas nos ollos pero o corazón cheo de orgullo, o Celta despídese polo momento do seu soño, pero as feridas só farán que sigamos chamando a esa porta ata que a fagamos caer. Orgullosos dos Nosos.

 

FICHA TÉCNICA
1 (2)-MANCHESTER UTD: Romero, Valencia, Bailly, Blind, Darmian, Herrera, Fellaini, Pogba, Lingaard (Rooney, min. 86), Mkhitaryan (Carrick min. 77), Rashford (Smalling min.89).

 

1 (1)-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Jonny, Wass (Jozabed, min.45), Radoja (Bongonda, min. 68), Pablo Hernández, Sisto (Beauvue, min. 80), Aspas e Guidetti.

 

Árbitro: expulsou a Bailly e Roncaglia. Amarelas para Iago Aspas polo Celta e Blind, e Herrera polo Manchester United.

 

Campo: Old Trafford (75.038 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas