O centrocampista celeste Pablo ‘Tucu’ Hernández tivo que retirarse do terreo de xogo no primeiro tempo das semifinais da Copa América tras sufrir unha forte entrada dun xogador colombiano. As imaxes facían temer unha lesión grave no xeonllo esquerdo do futbolista pero, a falta de que os médicos da Selección Chilena realicen máis probas, todo indica que se trata dunha escordadura de xeonllo.
Chile derrotou a Colombia 0-2 e agora medirase a Arxentina na final da Copa América Centenario, o vindeiro luns en New Jersey ás 02:00 (hora peninsular).