O canteirán celeste, exemplo de profesionalidade e compromiso, emprende unha nvoa etapa deportiva
O Real Club Celta e Toni Rodríguez chegaron hoxe a un acordo para a rescisión do contrato do futbolista celeste, que xa se desvinculou do club.
Toni Rodríguez chegou ao Celta aínda en idade xuvenil. O xogador galego destacou pronto nas categorías inferiores do club e enseguida comezou a contar para o filial céltico. A súa constancia e profesionalidade leváronlle a debutar co primeiro equipo en 2009, con tan só 19 anos, nun partido de Segunda División ante o CD Numancia.
O canteirán foi un dos protagonistas do último ascenso do RC Celta á máxima categoría do fútbol español. O esforzo e compromiso de Toni contribuíu de maneira determinante a que o club regresase a Primeira División na 2011-2012. Ademais, foi un dos partícipes da permanencia da pasada campaña.
Toni sempre se caracterizou pola súa enorme profesionalidade e entrega, o seu innegable compromiso e a súa fidelidade ao sentimento celtista. Por todo iso, o Real Club Celta e o celtismo gardarán sempre un cariñoso recordo do xogador, ao que o club lle desexa o maior dos éxitos na súa nova etapa deportiva.
Fotografía: Diego Pérez – Vídeo en CeltaTV: http://bit.ly/1kfsuiI