O atacante celeste Theo Bongonda regresa á Selección de Bélxica Sub-21 para disputar dous partidos de clasificación para o Campionato de Europa da categoría. O xogador do Celta participará co combinado belga nos partidos nos que éste medirase a Moldovia, o día 23 do presente mes, e a Montenegro, cinco días despois.