Primeiro Equipo

Sergio, operado de xeito satisfactorio no Hospital de Fátima da luxación acromioclavicular

RC Celta

Sergio Alvarez

Foi intervido polo xefe dos servicios médicos do club, Juan Jose García Cota

 

O porteiro celeste Sergio Álvarez foi operado esta tarde de xeito satisfactorio polo xefe dos servizos médicos do Real Club Celta, Juan José García Cota, no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima da luxación acromioclavicular de grado III que sufriu no adestramento matutino na Madroa. Sergio permanecerá de baixa uns dous meses e medio.

Sergio Álvarez sufriu nunha caida durante o adestramento a rotura dos ligamentos que unen a clavícula co ombreiro. “Reconstruímos eses ligamentos e estabilizanmos a articulación”, explicou o doutor García Cota, quen precisou que a intervención durou uns sesenta minutos e Sergio permanecerá ingresado no Hospital de Fátima entre 24 e 48 horas.

O xefe dos servizos médicos celestes apuntou que o periodo de baixa de Sergio Álvarez será duns dous meses e medio.

 

Foto: Diego Pérez

O Real Club Celta quere enviarlle unha mensaxe de ánimo a Sergio Álvarez e desexarlle unha pronta recuperación.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas