O porteiro Sergio Álvarez disputou ante a Valencia CF o seu encontro número cen co primeiro equipo celeste e celebrouno deixando a súa portaría a cero por cuarta vez consecutiva (Getafe, Villarreal, Real Sociedad e Valencia). O canteirán debutou co RC Celta o 4 de xuño de 2011, en partido de Segunda División ante o Cartaxena, un choque que finalizou con vitoria viguesa por 3 a 0.
O Gato de Catoira, un futbolista que día a día demostra a súa profesionalidade e espírito de sacrificio, converteuse nun dos referentes para unha afección que xa garda na súa memoria numerosas paradas memorables do gardameta galego.