Novo contratempo no RC Celta. A resonancia magnética á que foi sometido Sergio Álvarez desvelou que o porteiro de Catoira sofre unha rotura no menisco externo do seu xeonllo esquerdo. O canteirán celeste será sometido a unha artroscopia nos próximos días.
Doutra banda, Pape Cheikh completou con normalidade o adestramento deste venres e recibiu a alta médica, polo que estará dispoñible de cara ao importante partido do domingo ante o Mallorca. Beauvue, Iván Villar, Juncà e Denis Suárez continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.