Primeiro Equipo

Sergio Álvarez, porteiro celeste ata 2018

RC Celta

renovacion_sergio_1.jpg 

O canteirán, terceiro futbolista da Liga con máis minutos na 14/15, renova 3 tempadas

 

O RC Celta pechou hoxe a renovación de Sergio Álvarez, canteirán celeste e gardameta do primeiro equipo, que amplía a súa vinculación co club vigués ata xuño de 2018. A entidade céltica garante desta forma a continuidade dun xogador da casa que, ademais, foi o futbolista de Primeira División que máis minutos disputou na tempada 2014/2015.

Sergio Álvarez (Catoira, 1986), incorporouse ás categorías inferiores do club fai máis dunha década. O seu debut co primeiro equipo chegou na tempada 2010/2011 ante o Cartaxena, en Segunda División, un partido no que o catoirés deixou a súa portaría a cero. Desde entón Sergio consolidouse, ofrecendo un gran rendemento na portaría celeste e deixando actuacións para o recordo. O cérbero galego asinou unha moi boa tempada 2014/2015, sendo considerado por moitos medios especializados como unha das revelacións do campionato.

2015-07-15_18.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas