O porteiro do RC Celta Sergio Álvarez foi intervido esta tarde de maneira satisfactoria no Hospital Fremap de Vigo polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, quen lle realizou unha artroscopia para tratar a lesión no menisco externo do xeonllo esquerdo que o canteirán celeste sufriu días atrás. Sergio recibirá o alta hospitalaria esta mesma tarde e permanecerá ao redor de dous meses.