Primeiro Equipo

Santi Mina, un póker para a historia

RC Celta

w_da79bb187b11231813lrv20150412-26.jpg

O canteirán é o xogador máis novo en conseguir 4 goles nun partido de Liga desde fai 80 anos

 

O catro goles que anotou o canteirán celeste Santi Mina ante o Rayo Vallecano fixéronlle entrar na historia da estatística da liga. O futbolista vigués é o xogador máis novo dos últimos 80 anos en marcar un póker de dianas nun único encontro ligueiro e o cuarto xogador de menor idade en conseguir tal marca en toda a historia, só superado por Lazcano, Pombo e Iraigorri.

 

Ademais, Santi Mina convértese no sucesor de Luís Suárez, gañador do balón de ouro en 1960, que foi o último xogador galego en lograr catro tantos nun partido da máxima categoría do fútbol español, hai xa 70 anos. A nova promesa céltica tamén inscribiu o seu nome na historia do club vigués, empatando co seu rexistro goleador Del Pino (1941), Manuel Hermida (1949) e Mori (1979), xogadores que tamén marcaron catro tantos nun encontro vestindo a elástica celeste. Só supera a Mina o histórico Hermidita, que como xogador do Celta logrou anotar cinco goles nun choque de Liga en 1952.

 

Fontes: CeltaHistoria (@celtahistoria), MisterChip (@2010MisterChip)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas