Santi Mina recolleu na Cidade Deportiva Afouteza o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de febreiro polas súas destacadas actuacións durante o último mes. O dianteiro vigués obtivo o 40% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Brais Méndez e Jeison Murillo cun 30% cada un.
Mina mostrou a súa alegría ao recoller o seu primeiro premio Estrela Galicia como xogador do RC Celta e respondeu as preguntas dos afeccionados. O canteirán celeste destacou que lle dedica os goles aos seus seres queridos e recoñeceu que entre os momentos máis especiais da súa carreira están o seu debut co primeiro equipo e o partido no que anotou catro goles ante o Raio Vallecano.
Ademais, o “22” do RC Celta mandou unha chiscadela ao xogadores do filial, que están na loita por alcanzar a seguinte fase de ascenso en Segunda División B, falou da importancia que tivo para o equipo e para el a chegada ao banco de Eduardo Coudet e repasou aquilo que botaba de menos durante os seus anos lonxe de Vigo.