O central lesionouse o ligamento cruzado e o menisco do xeonllo dereito ao inicio da pretempada
Tras case seis meses desde a súa operación, o central céltico Samuel Llorca recibiu esta mañá a alta médica. O xogador celeste, que xa leva unhas semanas integrado no traballo có grupo, xa está a disposición do adestrador Luis Enrique. Samuel sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco interno do xeonllo dereito aos pocos días de comezar a pretempada, tras superar a anterior campaña unha lesión similar no seu xeonllo esquerdo.
Por outra banda, o canteirán David Costas, que onte exercitouse ao marxe por unha bursite no hombreiro esquerdo, tamén recibiu a alta médica e poderá participar no partido ante o Valencia CF deste sábado (18.00 horas, Balaídos).
Venres 10 de xaneiro de 2014
SAMUEL
Diagnóstico: rotura do ligamento cruzado anterior e menisco interno do xeonllo dereito.
Tratamento: quirúrxico.
Observacións: intervención quirúrxica o 17/07/13. Adestramento normal có grupo sen restricións. ALTA.
DAVID COSTAS
Diagnóstico: bursite hombreiro esquerdo.
Tratamento: médico e fisioterapia.
Observacións: adestramento normal có grupo con molestias mínimas non limitantes. ALTA.