O club agradece ao futbolista a súa profesionalidade e deséxalle o maior dos éxitos
O Real Club Celta e o futbolista Samuel Llorca chegaron hoxe a un acordo para a rescisión do contrato do xogador, quen xa se desvinculou da entidade céltica.
O club quere expresar o seu agradecemento ao xogador pola súa profesionalidade, compañeirismo e o espírito de superación que sempre demostrou, calidades coas que se gañou o agarimo do vestiario e da entidade celeste. O RC Celta deséxalle o maior dos éxitos na súa nova etapa, tanto no profesional como no persoal.
Mensaxe de Samuel Llorca
“Quero dar as grazas a toda a xente que forma o club, aos meus compañeiros de vestiario e sobre todo á afección polo apoio que me transmitiron durante os meses que estiven lesionado. O club está a atravesar un gran momento e deséxolle o mellor. Grazas a todos e ala Celta”.