ruben-blanco-balaidos-liga.jpg
Primeiro Equipo

Rubén Blanco, baixa uns dez días por unha peritendinite

RC Celta


O porteiro celeste Rubén Blanco sufriu unha lesión do tendón de Aquiles esquerdo minutos antes de comezar o partido de Liga ante o Málaga, durante o quecemento. O mosense, que fora anunciado como porteiro titular ante o conxunto andaluz, cedeu o seu posto na portaría viguesa a Sergio Álvarez. O xuvenil Francisco Barbosa Vieites foi chamado de urxencia para exercer de gardameta suplente.

Os servizos médicos do RC Celta realizarán este luns unha ecografía a Rubén para coñecer o alcance da lesión.

ACTUALIZACIÓN: a ecografía realizada a Rubén Blanco na tarde deste luns revelou que o seu tendón de Aquiles esquerdo non sufriu dano, aínda que presenta unha peritendinite (inflamación da vaina que rodea ao tendón) que o manterá de baixa entre dez e quince días.

Os próximos días rebaixarase a carga de traballo do xogador e, en función de como evolucione, podería reincorporarse ao grupo a partir da próxima semana.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas