As probas médicas realizadas ao dianteiro Giuseppe Rossi revelan que o futbolista céltico sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda, lesión producida no transcurso do partido de Liga ante o Eibar.
O xogador necesitará ser intervido cirurxicamente e o período de baixa non será inferior ao seis meses. O xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, intervirá a Rossi nunha data por concretar xunto ao especialista estadounidense encargado das operacións anteriores do xogador no xeonllo dereito.
O Real Club Celta envía unha mensaxe de ánimo e apoio ao xogador, ao que lle desexa unha total recuperación. Ánimo Rossi!