Tras oito semanas de proceso de recuperación, o central celeste Facundo Roncaglia recibiu este luns a alta médica e pasa a estar a disposición de Juan Carlos Unzué de cara ao partido de Copa do Rei ante a SD Eibar (martes, 21:30, Balaídos). O internacional sueco John Guidetti, cunha contusión leve tras o último partido de Liga, recuperouse e tamén conta coa alta.
Pola súa banda, Sergi Gómez mantén adestramento individual. Máis información no parte médico.