O futbolista celeste lesionouse na primera parte do partido ante o Betis
O lateral esquerdo do Real Club Celta Roberto Lago sofre unha elongación no adductor mediano da súa perna dereita, segundo desvela a ecografía á que foi sometido esta tarde por parte dos servizos médicos do club. O futbolista celeste perderase o partido do próximo venres no Vicente Calderón.