O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezaoito futbolistas para a duodécima xornada de LaLiga 2018/19. O RC Celta recibe ao Real Madrid este domingo 11 de novembro ás 20:45 no estadio ABANCA Balaídos.
A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Emre Mor, Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Rubén, Hjulsager, Juncà, Boufal, Kevin, Jozabed, Cabral, Brais Méndez, Roncaglia e Júnior Alonso.
Jensen e Lobotka son baixas por lesión. Non entran na listaxe David Costas, Radoja, Mazán e Pione Sisto. Kevin forma parte da convocatoria, aínda que está en observación por unha gastroenterite aguda.