
“É unha honra e un orgullo recibir este premio”, declarou o celeste, que adicouno aos seus compañeiros
Esta mañá Rafinha recibiu o ‘Premio BBVA’ que lle recoñece como ‘Mellor Xogador do mes de Febreiro da Liga BBVA’. O xogador celeste recibiu o premio de mans de Javier Iglesias, director de Zona de BBVA en Vigo, e Ignacio Presas, asesor patrimonial de BBVA.
“É unha honra e un orgullo recibir este premio. Quero agradecerllo aos meus compañeiros”, asegurou Rafinha. “Sinto moi ben, con máis confianza e co mellor físico”, engadiu o futbolista céltico que ademais quixo destacar o papel do adestrador na súa progresión.
O xurado que determina os gañadores destes galardóns está formado por expertos e profesionais do fútbol non vinculados a ningún club, ademais do director de Competición da LFP, Ricardo Resta. Nesta ocasión participaron na elección os ex futbolistas Manuel Sarabia, Roberto López Ufarte e Antonio Pinilla.
Vídeo da entrega do trofeo en CeltaTV: http://bit.ly/1g3dUtS