A LFP tamén elexiu ao canteirán Jota como o mellor da Liga Adelante
O gran rendemento de Rafinha non pasou desapercibido para ninguén no mundo do fútbol. A Liga de Fútbol Profesional designou ao centrocampista celeste como ‘Mellor Xogador da Liga BBVA’ do mes de Febreiro, un recoñecemento ao seu bo estado de forma, á vez co do resto do equipo céltico.
Ademais, outro futbolista do RC Celta foi elixido como ‘Mellor Xogador da Liga Adelante’ este mes, Jota Peleteiro. O canteirán da Madroa, que actualmente milita cedido no Eibar, erixiuse como un dos referentes do actual líder da categoría de prata.
O xurado que determina os gañadores destes galardóns está formado por expertos e profesionais do fútbol non vinculados a ningún club, ademais do director de Competición da LFP, Ricardo Resta. Nesta ocasión participaron na elección os ex futbolistas Manuel Sarabia, Roberto López Ufarte e Antonio Pinilla.
Máis información: www.lfp.es