Primeiro Equipo

Radoja será intervido por unha hernia inguinal

RC Celta

151120_Radoja_OPERACIÓN_WEB.jpg

p>

 

O centrocampista celeste Nemanja Radoja sofre unha hernia inguinal que require tratamento cirúrxico. O Doutor Cota, xefe dos servizos médicos do club, explicou esta mañá na sala de prensa da Madroa a situación da lesión. “Na ecografía aparece unha pequena hernia inguinal que pode provocar dor no deportista. O tratamento pode diferir dependendo da tolerancia do xogador. Falei con Radoja e atópase incómodo, polo que decidimos que pase polo quirófano”, declarou o galeno céltico.

 

O futbolista serbio, que decidiu operarse nunha clínica de Munich nunha data aínda pendente por confirmar, será baixa ao redor de tres semanas tras a operación. Radoja non estará dispoñible no partido deste sábado ante o Deportivo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas