O Real Club Celta puxo a primeira pedra da ilusionante tempada 2016/17, a do retorno a Europa, cunha importante renovación. O central Gustavo Cabral, peza importante no equipo vigués nas últimas campañas e que acababa contrato o próximo 30 de xuño, será celeste ata o ano 2019.
O defensor chegou ao RC Celta na tempada 2012/2013 e superou xa os cen partidos coa camiseta celeste. Cabral destacou trala firma da súa renovación que “a miña prioridade sempre foi o Celta, séntome moi cómodo nesta institución, séntome moi a gusto e importante, que é algo fundamental para un xogador”.
“A miña familia séntese moi cómoda en Vigo e si eles séntense ben eu tamén o estarei porque son o meu principal respaldo. É certo que neste caso o factor económico xogou un papel secundario”, engadiu o central celeste, quen subliñou que nos espera unha tempada moi ilusionante, para a min é algo novo xogar en Europa e estou encantado de poder vivir esta nova experiencia”.