Carles Planas e Fabián Orellana recibiron este luns a alta médica tras completar o adestramento co grupo sen ningún tipo de limitación. Ambos os xogadores lesionáronse hai pouco máis dun mes e, tras superar ao cento por cento as súas doenzas, están a disposición do adestrador Eduardo Berizzo de face ao partido de Liga deste domingo en Vilarreal.
Pablo Hernández, pendente dunha ecografía
O centrocampista Pablo ‘Tucu’ Hernández sufriu unha lesión o pasado fin de semana durante a súa concentración coa Selección Chilena. O xogador estará unhas dúas ou tres semanas de baixa por mor dunha rotura fibrilar do adductor longo dereito. Nas próximas horas os servizos médicos celestes realizarán unha ecografía da zona lesionada.