O centrocampista do RC Celta Pablo Hernández sufriu unha lesión muscular coa Selección de Chile, coa que permanece concentrado desde o pasado luns. O céltico presenta unha rotura fibrilar no adductor longo dereito, lesión confirmada polas probas realizadas polos galenos do combinado nacional chileno. Unha vez examinadas as imaxes, o xefe dos servizos médicos do RC Celta, Juan José García Cota, precisa que o tempo de baixa de Tucu Hernández será de entre dúas e tres semanas.