A invervención realizarase este martes coa presenza do Dr. Cota, xefe dos servizos médicos
O capitán do primeiro equipo, Borja Oubiña, viaxa este luns a Barcelona para someterse mañá a unha limpeza articular do seu xeonllo esquerdo. Por desexo do canteirán celeste, a intevención será realizada no Hospital Quirón polo Dr. Cugat, xa que este foi o especialista responsable da última operación no xeonllo do xogador galego.
O Dr. Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, desprazarase á cidade condal desde a concentración do primeiro equipo en Inglaterra para supervisar a operación e participar no seu desenvolvemento.
Máis información: “O Dr. Cota, xefe dos servizos médicos, explica a situación do capitán celeste”