fran-beltran-araujo-.jpg
Primeiro Equipo

Os internacionais celestes pon punto e final aos seus compromisos no mes de outubro

RC Celta

Néstor Araujo, Okay Yokuslu, Stanislav Lobotka e Fran Beltrán completaron os compromisos internacionais coas súas seleccións correspondentes a Data FIFA de outubro.

Araujo regresa a Vigo tras ser titular con México e xogar enteiros os dous partidos da liga das Nacións da Concacaf: vitorias 1-5 ante Bermudas e 3-1 ante Panamá. Tamén foi titular en dous encontros o centrocampista Fran Beltrán. O mozo xogador partiu de inicio coa Sub-21 española e disputou 64 minutos no empate 1-1 ante Alemaña, mentres que no enfrontamento con Montenegro, finalizado con triunfo español por 0-2, mantívose até o terreo de xogo até o minuto 58. Ambos os encontros eran clasificatorios para o próximo europeo Sub-21.

Distinto protagonismo tiveron Lobotka e Okay. O internacional eslovaco foi titular e disputou os 90 minutos no empate 1-1 ante Gales, pero non participou no seguinte encontro ante Paraguai, tamén finalizado con táboas por 1-1. Menos participación tivo o internacional turco Okay Yokuslu, que viu desde o banco a vitoria 1-0 da súa selección ante Albania e xogou até o descanso no empate 1-1 ante Francia.

 

ARAUJO

Bermudas 1-5 México

Titular. 90 minutos

Liga das Nacións da Concacaf

 

México 3-1 Panamá

Titular. 90 minutos

Liga das Nacións da Concacaf

 

BELTRÁN (Sub-21)

España 1-1 Alemania

Titular. 64 minutos

Clasificatorio Eurocopa Sub-21

 

Montenegro 0-2 España

Titular. 64 minutos

Clasificatorio Eurocopa Sub-21

 

LOBOTKA

Eslovaquia 1-1 Gales

Titular. 90 minutos

Clasificatorio Eurocopa Sub-21

 

Eslovaquia 1-1 Paraguay

Non participou

Amigable

 

OKAY

Turquía 1-0 Albania

Non participou

Clasificatorio Eurocopa Sub-21

 

Francia 1-1 Turquía

Titular. 45 minutos

Clasificatorio Eurocopa Sub-21

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas