Túñez, Augusto, Krohn-Dehli e Madinda disputarán partidos clasificatorios para o Mundial de Brasil 2014
Tras concluír a tempada en Primeira División, os xogadores internacionais do Real Club Celta incorporáronse á disciplina das súas seleccións nacionais de cara a diversos partidos clasificatorios para o Mundial de Brasil 2014.
O danés Krohn-Dehli enfrontarase o vindeiro martes 11 de xuño á selección de Armenia, un encontro que se celebrará no Parken Stadion de Copenhague ás 20:15 horas.
Augusto Fernández ten programados dous partidos coa selección arxentina. O sábado 8 de xuño ás 00:00 horas a albiceleste medirase a Colombia, co mítico estadio de River Plate como escenario. O martes 11 viaxarán a Ecuador para xogar contra o combinado nacional dese país, a partir das 23:00 horas.
O central celeste Andrés Túñez tamén acometerá dous encontros internacionais nos próximos días. O venres 7 de xuño ás 22:00 horas, a selección de Venezuela xogará contra Bolivia na cidade boliviana da Paz. A vinotinto desprazarase a continuación a Caracas, para enfrontarse á selección de Uruguai o mércores 12 ás 02:00 horas.
O gabonés Levy Madinda viaxou ao seu país natal para preparar o encontro ante a selección do Congo, tamén clasificatorio para o Mundial 2014. O partido terá lugar o sábado 8 ás 16:30 horas na cidade gabonesa de Franceville.
Por outra banda, os canteiráns Rubén Blanco e Santi Mina continúan concentrados coa selección española Sub-19 en Polonia. Os mozos célticos participan na segunda fase do clasificatorio para o Campionato de Europa Sub-19, na que se xogan o pase ante a selección polaca (hoxe, 18:00 horas).
*Datas e horas según horario español