aficion.jpg
Primeiro Equipo

Os abonados do RC Celta terán autobuses gratuítos a Granada

RC Celta

RC Celta e afección están a demostrar que camiñando xuntos non existen os imposibles. Esa unión conseguiu encadear grandes resultados nas últimas xornadas ante Sevilla, Real Madrid e Leganés. Este sábado o conxunto celeste afronta un duro encontro ante a Granada co obxectivo de seguir escalando posicións na clasificación.

O club pon desde este mércores a disposición dos seus abonados, e como premio para aqueles que cubran a longa viaxe, autobuses gratuítos para que poidan asistir ao partido no estadio dos Cármenes. Aqueles que desexen presenciar o choque deberán adquirir nas billeteiras do estadio unha entrada para a bancada visitante ao prezo de 35 euros e anotarse para a viaxe en autobús. Poderán ademais viaxar cun acompañante coa localidade ao mesmo prezo de 35 euros.

As entradas dispoñibles son un total de 371 e o prazo para anotarse para a viaxe finaliza o venres ás 14.00 horas. Os horarios para realizar os trámites son de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Os autobuses partirán cara a Granada desde o estadio celeste o sábado á primeira hora da mañá e regresarán ao mesmo punto unha vez finalizado o partido.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas