Excelentes noticias na enfermaría celeste. O centrocampista Okay Yokuslu recibiu este venres a alta médica tras caer lesionado o pasado 30 de maio durante un partido coa selección de Turquía, encontro no que sufriu unha rotura parcial do ligamento cruzado posterior o xeonllo dereito. O mediocentro estará a disposición do adestrador Fran Escribá para o importante encontro contra a Granada.