okay-presentacion-1.jpg
Primeiro Equipo

Okay: “Tiña outras ofertas pero vin ao Celta polo seu bo xogo e bo equipo”

RC Celta

O centrocampista Okay Yokuslu foi presentado esta tarde ante os medios de comunicación no salón regio de A Sede onde, acompañado polo presidente do club Carlos Mouriño, e o director deportivo, Felipe Miñambres, destacou que desechou outras ofertas, xa que “seguía ao Celta, sabía que teñen un bo xogo, bos futbolistas, un bo equipo. A do Celta pareceume a mellor”.

“Estou contento de estar aquí. O Celta parece unha gran familia, desde o día que asinei atopei un ambiente familiar, encántame”, engadiu o medio centro, quen subliñou ademais que me recibiron moi ben o presidente, Felipe Miñambres, os compañeiros… puiden pasear pola cidade, creo que tomei unha boa decisión, oxalá que todo saia ben”.

“Por como xoga o Celta e os xogadores que ten, debe estar arriba na Liga. Imos poñer máis que o ano pasado e imos estar nun posto mellor”, engadiu.

Trala rolda de prensa, Okay atendeu na tenda do club en A Sede a numerosos afeccionados que acudiron para coñecelo, obter o seu autógrafo e tomarse fotografías co novo xogador celeste.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas