Primeiro Equipo

O regreso máis esperado: Iago Aspas volve á súa casa

RC Celta

fichaje_iago_aspas_web1_12615.jpg

Principio de acordo entre Celta e Sevilla para o retorno do canteirán ao club vigués

 

O nome do primeiro reforzo do Real Club Celta para a tempada 2015/2016 non podería ser máis recoñecible, admirado e querido para o celtismo. O club vigués e o Sevilla chegaron hoxe a un principio de acordo que supoñerá, unha vez pasado o recoñecemento médico e pechado o proceso, o regreso de Iago Aspas á súa casa.

 

Seis anos e seis días despois daquela máxica irrupción de Iago Aspas no Celta, daquel inesquecible debut con dous goles ao Alavés que selaron a permanencia, o canteirán volve ao seu fogar. Celta e Sevilla alcanzaron un principio de acordo para a chegada do dianteiro ao club vigués, onde se formou, onde viviu, desde neno.

 

Unha vez conclúa o proceso e pase o recoñecemento médico, Iago Aspas será presentado coa súa camiseta, a do Real Club Celta, ante a súa afección, un evento, sen dúbida especial, que terá lugar nos próximos días.

 

Iago volve dúas tempadas despois da súa marcha cara a Liverpool e o seu paso polo Sevilla, equipo co que anotou 10 goles, proclamouse máximo goleador da pasada edición da Copa do Rei e desde onde volve co título de campión da Uefa League.

 

Crecemos Xuntos

 

Este anhelado regreso enche de contido o lema da campaña de abonados do club para a próxima tempada: Crecemos Xuntos. A campaña segue a súa marcha tras dúas semanas nas que se rexistrou unha gran actividade nas novas taquillas do estadio de Balaídos, abertas de luns a venres de 9.00 a 20.00 horas de xeito ininterrumpido.

 

O club insiste en animar a abonados e afeccionados a que tramiten canto antes o seu carnet para gozar das vantaxes e descontos que inclúe a campaña ata o día 30 de xuño e evitar as aglomeracións que poderían producirse nos últimos días do mes.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas