O RC Celta xa dispón da súa segunda fichaxe do mercado invernal: Javier Manquillo. O madrileño (Chinchón, 5 de maio de 1994), que regresa a LaLiga despois dunha traxectoria de 6 anos na Premier League, únese ao conxunto celeste, tras desvincularse do Newcastle, cun contrato ata o 30 de xuño de 2025.
Manquillo, internacional coa SUB-21 e campión europeo coa SUB-19, iniciou a súa carreira profesional no Atlético de Madrid. Saltou ao primeiro equipo branquivermello na tempada 12/13 onde contribuíu á conquista da Copa do Rey. Tras o seu paso por LaLiga, embarcouse na aventura do fútbol inglés, onde acumulou preto de 8000 minutos en 110 partidos co Newcastle, marcando un gol e proporcionando 7 asistencias. Ademais de en “as pegas”, o lateral dereito tamén adquiriu experiencia no Liverpool, o Sunderland e o Olympique de Marsella, onde disputou 43 partidos.
A chegada de Manquillo cumpre o obxectivo do RC Celta de fortalecer o XI cun lateral que achegará experiencia, velocidade e unhas grandes condicións técnicas.