sergi-gomez-celta-athletic-balaidos-liga-2016-2017.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta pon este sábado á venda para os seus abonados as entradas para San Mamés

RC Celta

O RC Celta poñerá á venda o vindeiro sábado 24 de marzo, en exclusiva para abonados, as entradas para o partido ante o Athletic Club de Bilbao, que se disputará o 31 do presente mes en San Mamés, cun sistema, xa utilizado no pasado derbi en Riazor, ideado para evitar colas nas taquillas do estadio e potenciar ao máximo a comodidade dos abonados celestes de toda Galicia.

A venda de entradas para este encontro realizarase a través da páxina www.entradasvisitante.rccelta.es, xestionada pola empresa líder en vendas digitais Ticketea, ademais de nas taquillas do estadio. As entradas, un total de 575, venderanse de xeito simultáneo online e en taquilla ata final de existencias. Tanto as taquillas como a páxina habilitada para a venda estarán operativas desde as 12.00 horas do sábado 24 de marzo.

Cada abonado poderá adquirir dúas entradas no mesmo proceso de compra e ambas deberán ter como destinatarios a abonados do RC Celta (nas taquillas é necesario presentar os carnets, non se admiten fotos ou fotocopias). O sistema de validación para poder realizar a compra requirirá o IDE do carnet e os catro díxitos do número de asento, información necesaria para cada entrada, sexan unha ou dúas, e que é visible no propio carnet,

Unha vez finalizada a compra online, ao abonado chegaralle por correo electrónico un xustificante da operación. Este xustificante de compra de Ticketea contén un código QR, polo que se pode imprimir ou mostrar nun teléfono móbil, xunto co DNI, na porta do estadio de San Mamés, onde será verificado por persoal de ticketea que validará a identidade e entregará a entrada definitiva para pasar o torno. O xustificante de Ticketea é nominativo e debe coincidir co Documento Nacional de Identidade presentado.

O prezo de venda marcado polo Athletic Club será de 50 euros para 264 entradas e de 45 euros para as restantes 311. En ambos casos corresponden á Tribuna Sur Alta de San Mamés. O gasto por xestión de cada unha das entradas é de 1 euro (IVA incluído), que deberá asumir o comprador. Non existe posibilidade de devolución ou cambio de nome unha vez adquiridas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas