O RC Celta empatou este mércores en Valladolid (0-0) nun encontro no que case non houbo ocasións e no que o porteiro local detivo un penalti a Iago Aspas. Os xogadores celestes foron superiores ao seu rival durante boa parte do partido.
A primeira metade estivo caracterizada polo xogo no centro do campo. Ambos equipos tentaron facerse coa posesión de balón e as ocasións apenas se produciron. A máis clara dos xogadores tívoa Smolov tras unha brillante xogada persoal.
Na segunda parte o equipo de Óscar García fíxose co control e súas foron as xogadas de maior perigo. Entre elas un penalti que Masil pe detivo a Iago Aspas no minuto 70.
FICHA TÉCNICA
0 – R. Valladolid: Masip, Moyano, Joaquín, Salissu, Nacho, Alcaraz, Toni Villa (Waldo, min 74), Míchel (San Emeterio, min 61), Plano (Hervías, min 61), Guardiola (Ben Arfa, min 74) y Unal
0 – RC Celta: Rubén Blanco, Kevin (Brais, min 91), Aidoo, Murillo, Araujo, Olaza, Okay, Beltrán, Rafinha, Smolov (Denis, min 63) y Aspas
Árbitro: Gil Manzano (Extremadura). Amoestou a Joaquín, Alcaraz, Waldo (R. Valladolid) e Okay, Smolov, Murillo (RC Celta)
Campo: José Zorrilla