Primeiro Equipo

O RC Celta optimiza o ximnasio de A Madroa con novas máquinas

RC Celta

O ximnasio de A Madroa presenta un aspecto renovado para optimizar a súa funcionalidade. Para iso reorganizaronse os diferentes espazos e engadironse novas máquinas de exercicios da man da firma ‘Neuro Excellence’. Estes novos aparellos permiten reducir o risco de lesións dos futbolistas celestes.

Os adestramentos no ximnasio complementan as sesións que os xogadores realizan sobre o terreo de xogo e teñen unha importancia vital na prevención de lesións. Entre as novas máquinas destacan a “Acceleration Squat”, enfocada á capacidade de aplicación de forza no chan, e a “Acceleration Leg Curl”, destinada á zona isquiotibial.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas