
O RC Celta regresa ao traballo este luns coa vista posta na ilusionante tempada 2019/2020. O equipo exercitarase durante toda a semana en A Madroa antes de pór rumbo o vindeiro domingo á concentración en A Toxa. En total serán 26 futbolistas os que se adestren ás ordes de Fran Escribá e o resto do corpo técnico.
Primeiro equipo: Rubén, Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Kevin, Roncaglia, David Costas, Juncà, Olaza, Fran Beltrán, Jozabed, Pione Sisto, Juan Hernández, Beauvue, Denis Suárez, Gabriel Fernández e Brais Méndez.
Filial: Ros, Sergio Carreira, Fontán, Pampín, Dani Molina, Iker Losada, Solís, Bermejo e Lautaro.
O resto de xogadores do primeiro equipo, excepto Maxi Gómez e Néstor Araujo, incorporaranse á pretemporada o 14 de xullo.
[table responsive=”yes”]
| Luns | 09:00 | A Madroa | Porta aberta | 
| Martes | 09:00 e 18:30 | A Madroa | Porta pechada | 
| Mércores | 09:00 | A Madroa | Porta pechada | 
| Xoves | 09:00 | A Madroa | Porta pechada | 
| Venres | 09:00 e 18:30 | A Madroa | Porta pechada | 
| Sábado | 09:00 | A Madroa | Porta pechada | 
| Domingo | 19:30 | Traslado a A Toxa | 
[/table]