RC Celta e Athletic Club empataron neste domingo en San Mamés (1-1) nun duelo que puido caer para calquera dos dous equipos. Rafinha adiantou aos celestes na segunda parte e Raúl García puxo as táboas.
A primeira metade estivo cargada de ocasións. Primeiro foi o Athletic o que gozou de varias chegadas con moito perigo que resolveron con eficacia Rubén e os defensores. O conxunto celeste asentouse sobre o terreo de xogo co paso dos minutos e puido adiantarse no marcador antes do descanso por medio de Santi Mina.
O segundo tempo comezou co mesmo ritmo vertixinoso. Foron os de Óscar García os que se puxeron por diante grazas a un sensacional disparo de Rafinha. Os locais empataron a un cuarto de hora do final ao transformar un penalti Raúl García.
FICHA TÉCNICA
1 – Athletic: Herrerín, Yuri, Iñigo, Yeray, Capa, Unai, Dani García, Ibai (Villalibre, min 66), Raúl García, Muniain e Iñaki Williams (Lekue, min 81)
1 . RC Celta: Rubén; Kevin, Murillo, Araujo, Olaza; Okay, Beltrán; Santi Mina (Pape, min 67), Rafinha (Denis, min 78), Brais (Aidoo, min 87); Aspas
Goles: 0-1 Rafinha, min 56; 1-1 Raúl García, min 75;
Árbitro: Medié Jiménez (Cataluña). Amoestou a Capa, Unai, Yuri, Íñigo (Athletic) e a Araujo, Rubén, Kevin (RC Celta)
Campo: San Mamés