O RC Celta e Diego Alves chegaron a un acordo para a desvinculación do contrato que unía a ambas as partes ata o final da presente tempada.
O club quere agradecer a Diego a súa implicación e dedicación nestes meses ademais de desexarlle toda a sorte nos seus novos retos profesionais e unha pronta recuperación da súa lesión.