O Córdoba CF será o primeiro rival de pretemporada do RC Celta. O conxunto celeste mídese ao cadro andaluz este sábado 21 de xullo ás 20:00 horas no Campo de Baltar, en Portonovo, unha das instalacións que os vigueses están a utilizar durante a súa estancia na zona.
As entradas para este choque, cuxa recadación irá destinada integramente ao Portonovo SD, teñen un custo de 10€ para o público en xeral e de 5€ para socios do Portonovo. Poderán adquirirse nos despachos de billetes do campo o mesmo día do partido.
Pretempada 2018/19
21/07 | RC Celta – Córdoba (20:00, Portonovo).
27/07 | SC Braga – RC Celta (20:30, Braga).
01/08 | Southampton FC – RC Celta (19:45, Southampton).
04/08 | Fulham FC – RC Celta (15:00, Londres).