RC Celta e RCD Espanyol empataron este mércores (1-1) un partido no que os celestes dispuxeron das mellores ocasións. O gol do equipo de Fran Escribá chegou tras unha gran xogada de Iago Aspas que finalizou Maxi Gómez.
A primeira metade estivo marcada pola igualdade entre ambos equipos. Hugo Mallo e Maxi Gómez tiveron as mellores ocasións do equipo celeste e Borja Iglesiase Wu Lei as do cadro catalán. Precisamente foi o xogador chinés o que adiantou aos locais pasada a media hora.
Nos primeiros minutos do segundo tempo Iago Aspas e Hermoso mandaron ambos balóns ao poste. A igualdade sobre o céspede levouna o RC Celta cunha sensacional xogada entre Iago Aspas e Maxi Gómez que o uruguaio mandou ao fondo da rede. A partir do empate os de Fran Escribá acumularon numerosas ocasións que non puideron transformar en gol no tramo final.
FICHA TÉCNICA
1 – RCD Espanyol: Diego López; Javi López, Hermoso, Naldo (Duarte, min 66), Didac Vilà; Melendo, Granero (Sergio García, min 75), Marc Roca, Darder; Wu Lei, Borja Iglesias (Ferreira, min 86).
1 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Hoedt, Costas, Olaza; Boudebouz (Hjulsager, min 77), Lobotka, Yokuslu (Sisto, min 65), Jozabed; Iago Aspas (Cabral, min 91), Maxi Gómez.
Goles: 1-0 Wu Lei, min 33; 1-1 Maxi Gómez, min 72;
Árbitro: Alberto Undiano Mallenco, do comité navarro. Amoestou a Granero, Marc Roca (RCD Espanyol) e a Okay (RC Celta)
Campo: RCD Stadium