O RC Celta enriquece o seu proxecto deportivo coa chegada ao primeiro equipo do preparador físico Quique Sanz. Cunha ampla traxectoria ás súas costas, o novo membro do corpo técnico chega ao conxunto celeste tras unha etapa no fútbol mexicano. Quique Sanz, ademais, coñece de primeira man o traballo de Óscar García, con quen compartiu corpo técnico no RB Salzsburgo, St- Etienne e Olympiakos xunto ao tamén asistente do RC Celta, Rubén Martínez. Sanz traballará con Álex Andujar na parcela física do primeiro equipo.