Os vigueses encaixan no minuto 2, ao final do partido e non aproveitan as súas ocasións
O Celta non puido manter a súa vantaxe no Santiago Bernabeu, onde estivo no partido con opcións, até o tramo final, pero acabou caendo con claridade tras encaixar dúas tantos nos últimos instantes. O Real Madrid anotou aos dous minutos de xogo e mediada a primeira metade, de dominio local, e o cadro celeste reaccionou na segunda, na que tivo ocasións para marcar, pero acabou encaixando ao final. O Madrid pasa a cuartos de final.
Co partido aínda morto, no seu envoltorio inicial, pau para o Celta. Aos dous minutos, zapatazo de Cristiano Ronaldo de lonxe, efecto diabólico e gol do Madrid. Foi o primeiro que pasou no encontro e aos celestes escapábaselles a eliminatoria.
O Celta acusou o golpe e pasou uns minutos sen apenas poder contactar co coiro, pero si comezou a asomarse ao dez minutos cun par de envíos en profundidade sen finalización e maior posesión.
O Celta comezaba a parecerse a si mesmo, a inquietar ao Madrid, que se metía atrás con orde, sen a présa inicial, para buscar as contras.
E o seu segundo remate foi de novo gol. Pase en profundidade de Modric a Cristián e remate de primeiras do portugués para superar a Sergio. Novo pau para un Celta que comezaba a trocar, a soltarse e recibiu un enorme castigo. Aínda por riba de males, Hugo Mallo saíu lesionado ao bordo do descanso.
Tras a continuación, o Celta tívoa ao cinco minutos cunha boa contra, centro de De Lucas cara a Park, quen non chegou por moi pouco nunha boa ocasión para os celestes. Nos seguintes minutos, máis chegadas dun Celta que se ía cara arriba.
Augusto quedou só diante de Casillas, pero a xogada que anulada por fóra de xogo inexistente. Ían 10 minutos de xogo e os vigueses atacaban con todo. O partido foise rompendo, con maior ida e volta e boas ocasións para un Celta que xa non gardaba nada.
De Lucas rematou cin forza aos 22 minutos e Casillas desviou a saque de esquina nunha boa xogada dos vigueses, que rozaban o tanto que devolvese a igualdade á eliminatoria. Aos 27 minutos, Ramos golpeou coa bota a Augusto na cara e viu a segunda amarela.
O Celta, que xa dominaba o choque, incrementou o seu acoso, co Madrid moi metido atrás. Casillas desviou con apuros un bo disparo de Krohn-Dehli. A meta sacou despois con acerto un disparo de Augusto desde a interior da área.
Aos 41 minutos, o Madrid atopou unha contra, xogada illada, e Ronaldo anotou cun lanzamento cruzado. Aí acabouse todo. Pouco despois, xa no 43 Khedira, noutra contra, pechou un resultado excesicamente avultado.
FICHA TÉCNICA
4-R. Madrid: Casillas, Arbeloa, Sergio Ramos, Carvalho Essien, Xabi Alonso (Varane, mibn.46), Khedira, Modric, Ozil (Di María, min.75), Cristiano e Benzema (Higuaín, min.64)
0-R.C. Celta: Sergio, Hugo Mallo (Roberto Lago, min.45), Cabral, Túñez (Demidov, min.46), Bellvís, Jonathan Vila, Álex López, Augusto, De Lucas, Krohn-Dehli e Park (Iago Aspas, min.55)
Goles: 1-0, min.2: Ronaldo; 2-0. Min.23; Ronaldo; 3-0, min.87: Ronaldo; 4-0, min.88; Khedira
Árbitro: Ayza Gámez. Expulsou con dobre amarelo a Sergio Ramos(min.73) e amonestou a Arbeloa, Túñez e Augusto
Campo: Santiago Bernabéu