minas.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta cae na súa visita a Vitoria (2-0)

RC Celta

O RC Celta perdeu este domingo ante o Alavés (2-0) nun encontro no que os vitorianos foron moito máis eficaces. Os de Fran Escribá tentárono durante os 90 minutos pero non tiveron fortuna de cara a gol.

A primeira metade estivo marcada polo VAR. Primeiro ao intervir nun gol anotado por Santi Mina que anulou por fóra de xogo e pouco despois por corrixir ao colexiado, que sinalara penalti a favor dos locais por unhas inexistentes mans de Rafinha dentro da área. Iago Aspas, o propio Santi Mina e Joselu tiveron as ocasións máis claras nos primeiros 45 minutos.

A segunda parte comezou cun gol do equipo vasco á saída dun córner. A partir de aquí o conxunto celeste gozou de varias ocasións que non puido transformar e foi Lucas Pérez o que puxo o 2-0 definitivo no marcador.

FICHA TÉCNICA

2- Alavés: Pacheco, Martín, Magallán, Laguardia, Duarte, Wakaso, Manu, Vidal, Rioja (Pons, min 70), Lucas Pérez (Guidetti, min 93) e Joselu (Burke, min 78)

0 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo (Costas, min 46), Aidoo, Sáenz, Juncà (Sisto, min 79) , Okay (Brais, min 59), Lobotka, Denis Suárez, Rafinha, Aspas e Mina.

Goles: 1-0  Magallán min 49; 2-0 Lucas, min 81;

Árbitro: José Luis González González (Castela e León). Amoestou a Wakaso, Duarte, Manu, Lucas (Alavés) e a Juncà (RC Celta)

Campo: Mendizorroza

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas