O RC Celta caeu derrotado nun partido tolo ante o Rayo Vallecano (4-2). O equipo de Miguel Cardoso logrou situarse por diante no marcador mediada a primeira metade, pero un hat-trick de De Tomás e outro gol de Bebe decantaron o partido en favor dos madrileños.
Comezou o partido cun temperán gol do Rayo Vallecano ao tres minutos de xogo. O RC Celta tirou de fútbol e coraxe para darlle a volta en apenas cinco minutos con goles de Néstor Araujo, que se estreaba coa camiseta celeste, e Maxi Gómez. O resto do primeiro tempo foi unha sucesión de chegadas de ambos os equipos que se saldaron co empate dos madrileños pasada a media hora de xogo.
A segunda metade seguiu a mesma dinámica e ambos os conxuntos buscaron o gol desde o asubío inicial. Rubén Blanco realizou varias paradas de mérito nos primeiros compases, mentres que os dianteiros celestes tamén dispuxeron de varias chegadas de perigo que non puideron transformar. No tramo final, dous goles dos vallecanos decidiron o partido ao seu favor.
FICHA TÉCNICA
4 – Rayo Vallecano: Dimitrievski; Advíncula, Velázquez, Ba, Amat, Álex Moreno; Comesaña, Imbula (Medrán, min 73); Embarba (Álvaro, min 60), Trejo (Bebe, min 72) e De Tomás.
2 – RC Celta: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Juncà; Okay Yokuslu, Beltrán (Lobotka, min 77); Brais, Jozabed,(Eckert, min 80), Boufal (Sisto, min 80) e Maxi Gómez.
Goles: 1-0, De Tomás, min 3; 1-1, Araujo, min 12; 1-2, Maxi Gómez, min 17; 2-2, De Tomás, min 36; 3-2, De Tomás, min 76; 4-2, Bebe, min 90.
Árbitro: Javier Alberola Rojas, do comité castelán-manchego. Amonestou a Ba, Advíncula e Velázquez (Rayo Vallecano) e a Brais Méndez (RC Celta).
Campo: Vallecas.