Partido grande en Abanca Balaídos. O RC Celta recibe este sábado no estadio vigués ao Real Madrid na xornada número 28 de LaLiga. Os de Eduardo Coudet chegan ao encontro tras sumar 4 dos últimos 6 puntos en xogo, mentres que os brancos veñen de clasificarse para os cuartos de final da Champions League e marchan terceiros na clasificación.
O RC Celta busca conseguir tres puntos que lle permitan seguir facéndose forte en casa, mentres que o equipo madrileño busca non descolgarse na loita polo título. Ambos conxuntos apostan por un fútbol de ataque e as ocasións están garantidas.
Eduardo Coudet recupera para este partido ao capitán Hugo Mallo, que se perdeu o choque ante o Athletic Club por sanción.
O partido disputarase o sábado ás 16.15 horas e será retransmitido por Movistar LaLiga.