A defensa do RC Celta recibe un impulso de calidade e solidez coa incorporación de Wesley Hoedt, defensa central de 1.92 metros de altura procedente do Southampton FC que chega cedido, con opción de compra a final de tempada, ao equipo vigués. Hoedt (Alkmaar, 6 de marzo de 1994) é un defensor zurdo que atesoura unha boa técnica e visión de xogo, virtudes que lle permiten iniciar o xogo con total precisión, tanto en balóns curtos como en envíos longos. Wesley Hoedt levará o dorsal número 12 na súa camiseta.
O central, internacional absoluto con Holanda, destaca tamén en facetas defensivas, onde a súa envergadura e velocidade permítenlle saír vitorioso dos duelos ante os atacantes rivais. En ataque, a súa altura convértelle nunha ameaza a balón parado.
Wesley Hoedt ten experiencia na Serie A e a Premier League. En Italia acumulou case medio centenar de encontros nas filas da SS Lazio, mentres que en Inglaterra sumou máis de 40 partidos na última tempada e media defendendo a camiseta do Southampton FC.
O defensor pasou a pasada noite a revisión médica na Clínica RC Celta, onde foi avaliado por Juan José Cota, xefe dos servizos médicos do club, e o prestixioso cardiólogo da clínica celeste Francisco Calvo.
O futbolista holandés será presentado ante os medios de comunicación este martes ás 12.30 horas no Salón Regio de A Sede. A rolda de prensa poderá seguirse en directo con Celta Media a través de www.youtube.com/realclubceltadevigo