Cabral e Augusto, con permiso do club, e Abalo, participante nun partido solidario, únicas ausencias
O Real Club Celta regresou esta tarde aos adestramentos nas Instalacións Deportivas da Madroa, tras o parón do Nadal. Os xogadores exercitáronse baixo unha choiva intensa por momentos, coas únicas ausencias dos arxentinos Cabral e Augusto, con permiso do club, e de Dani Abalo, que participou nun partido solidario organizado pola S.D. Compostela.
Na sesión vespertina destacou a presenza do xogadores do filial Antón de Vicente e o porteiro Óscar Santiago. Roberto Lago e Hugo Mallo exercitáronse con normalidade, unha vez recuperáronse totalmente das súas lesións. Ao finalizar o adestro os servizos médicos diagnosticaron a Mario Bermejo unha sobrecarga no xemelgo dereito, que realizará durante os próximos dous días exercicios co recuperador.