Os celestes vestiron unha camisola de apoio ao xogador marinense, lesionado no partido de Copa
O primeiro equipo tivo un bonito xesto con Hugo Mallo nos prolegómentos do partido ante o Espanyol. Os celestes vestiron unha camisola coa mensaxe ‘Ánimo cabo Mallo’ para mostrar o seu apoio ao xove marinense, lesionado de gravedade o pasado mércores durante o partido de Copa ante o Real Madrid.