O Celta adestrou esta mañá por última vez antes do partido de Liga ante o Sevilla FC (domingo, 18:15h, Balaídos), unha sesión que se realizou no estadio vigués. Os xogadores e técnicos do primeiro equipo tiveron a súa primeira toma de contacto co novo céspede, un tapete cuxa instalación finalizou a principios de semana e sobre o que se continúa traballando para que estea nas mellores condicións de face ao encontro deste domingo.