O corpo técnico sorprendeu aos xogadores cunha visita ao circuito de karts de Sanxenxo
O primeiro equipo variou hoxe a súa rutina diaria de adestramentos cunha actividade extradeportiva. O corpo técnico sorprendeu aos xogadores celestes cunha escapada a Sanxenxo, onde puideron gozar dunha sesión de karting no circuíto desta localidade pontevedresa.
O bo ambiente que se respira no vestiario céltico trasladouse á pista de condución. Os futbolistas tiveron a oportunidade de desconectar da dinámica habitual e fortalecer a unión que existe entre todos os membros do equipo, antes de volver ao traballo. Mañá os celestes exercitaranse a porta pechada nas instalacións deportivas da Madroa, coa mente posta no último desprazamento do 2013: Valladolid (luns 16 de decembro, 22:00 horas).